Ángel de la Cruz / Guionista

Ángel de la Cruz

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Ángel de la Cruz
Ángel de la Cruz
Guionista
Nome completo: Ángel de la Cruz Blanco
A Coruña 1963   



Guionista, director e decorador. Colaborador de Manolo Gómez desde 1997, codirixiu con el O bosque animado, a súa primeira longametraxe. Iniciárase como guionista-director en 1995 con Sitcom show, curta vencedora do concurso “25 x 24” convocado pola Televisión de Galicia. Desde entón traballou en diversas curtas e foi galardoado con numerosos premios de guión. Compaxinou participacións en diversas produccións cinematográficas e televisivas, e guionizou varias das galas de entrega dos Premios da AGAPI.

Premios e recoñecementos: O Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) ao mellor guión foi para Ángel De La Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cechinni, por Engurras. O mesmo filme valeulle a De la Cruz en 2013 o premio ao mellor guión adaptado no 18OUFF.
Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) a súa película Os mortos van ás présas foi a produción máis galardonada, incluindo a categoría de mellor longametraxe.
Levou o premio “Manoel de Oliveira” ao mellor realizador no I Festival de Cine Independente do Porto (Portugal, 2009).
O bosque animado valeulle en 2001 o Goya ao mellor filme animado e o Premio Galicia de Comunicación da Xunta.
Por Paranoia digital recibiu os premios de mellor guión e mellor curta AGAPI 97.
Con Más difícil todavía gañara no 96 o concurso “Cidades de Cine” e os premios AGAPI do 98 á mellor curta, mellor guión e mellor dirección.
O concurso “Coruña de cine” premiou o seu guión Recuerdos de un amante neurótico (1996).
No 94 o filme Tirano Banderas, no que traballara como axudante de decoración, mereceu o Goya nesta categoría.


FILMOGRAFÍA

Arquivos de audio


  • Ángel de la Cruz fala sobre Os mortos van ás présas

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Ángel de la Cruz

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org