Novas | 121 a 130 de 4079

<< Anterior Siguiente >>

17/11/2023
Culturgal reformúlase co foco no público

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollía este 16 de novembro a presentación da décimo sexta edición de Culturgal, primeira con Camilo Franco como director. O encontro renoméase Feira das Culturas Galegas coa intención "de recoller o carácter plural do sistema e da oferta cultural do país", segundo explicou a organización. Co foco posto no público, a iniciativa quere nesta xeira pór o foco nos públicos e medrar no seu poder de convocatoria. "As culturas precisan públicos e Culturgal quere loitar por el", sintetizou Camilo Franco na presentación.. Amplía a nova>>

16/11/2023
O Sellier Film Festival recoñecerá o traballo de Olga Osorio

A directora Olga Osorio recibirá o vindeiro 5 de decembro o premio que outorga anualmente o Sellier Film Festival. Este evento coruñés quere recoñecer así o traballo da directora de Salta!, longametraxe de debut co que colleitou un importante éxito.. Amplía a nova>>

15/11/2023
O bo momento do audiovisual galego é económico alén de artístico

Nos últimos dez anos o audiovisual galego xerou máis emprego, obtivo máis ingresos de explotación, acadou máis asistencia a salas e incrementou o seu consumo televisivo. E, ademais, acadou cotas nunca vistas de recoñecemento internacional en canto a premios e crítica. Estas son algunhas das conclusións do informe O audiovisual en Galicia 2023, que realizou o Observatorio da Cultura Galega e que se pode descargar desde o web do Consello da Cultura.. Amplía a nova>>

14/11/2023
O sector audiovisual demanda máis fondos á Xunta

As asociacións vinculadas ao audiovisual galego remitiron un comunicado conxunto no marco do I Foro da Industria Galega do Audiovisual – FIGA, que se celebrou entre o 9 e o 10 de novembro da nova Cidade das TIC da Coruña. No comunicado difundido hoxe as entidades reclamaron "un incremento sostido das partidas destinadas á produción, desenvolvemento de proxectos e promoción de talento nos orzamentos da Xunta", un apoio "ás iniciativas de exhibición, entre as que destacan os festivais audiovisuais, acordes ao seu impacto", e a "dotación de recursos económicos, técnicos e humanos á Filmoteca de Galicia que, se ben realiza traballos de difusión que valoramos positivamente, non presta a atención necesaria á misión para a que foi creada". As asociacións tamén demandaron á TVG que manteña a aposta por "proxectos de ficción propia" e anunciaron a constitución da Mesa do Audiovisual Galego, que reunirá a distintos representantes das entidades que participaron na redacción deste comunicado, é dicir: a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), o Clúster Audiovisual Galego, a Asociación de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (PROXECTA).. Amplía a nova>>

13/11/2023
A Deputación da Coruña licita a construción dun estudio audiovisual virtual

Coruña Estudio Inmersivo é o nome do que será o "maior estudo audiovisual virtual de España", segundo anunciou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín Rodríguez Formoso. A entidade provincial licitou este 10 de novembro o proxecto de construción do edificio que acollerá esta instalación, proxecto para o que destinou un total de 2.539.108 euros.. Amplía a nova>>

13/11/2023
A Asociación Senunpeso recibiu o premio José Sellier

O premio José Sellier, co que a Academia Galega do Audiovisual recoñece cada ano "o labor de iniciativas salientables dentro do sector audiovisual" foi nesta xeira para a Asociación Senunpeso de Vedra. A entidade, que organizou durante anos o coñecido LAV.mov e que anunciou en setembro a súa disolución, recibía este recoñecemento o venres 10 de novembro na Coruña.. Amplía a nova>>

09/11/2023
María Vázquez candidata ao Premio Forqué por 'Matria'

A 29ª edición dos Premios José María Forqué convocados pola Entidad de Gestión de los Derechos de los Productores Audiovisuales (EGEDA) ven de dar a coñecer a lista de nomeados aos seus galardóns e entre lese están presentes algunhas das achegas feitas desde o audiovisual galego. Na lista curta, xurdida das votacións de máis de dous mil seiscentos produtores audiovisuais, centros educativos e profesionais de medios de comunicación especializados, aparece a actriz María Vázquez, como candidata ao Premio a Mellor Interpretación Feminina polo seu papel en Matria, o filme de Álvaro Gago. A outra presenza galega destacada nesta lista finalista é a de Lois Patiño que con 'Samsara' entra entre as catro finalistas ao premio a Mellor Longametraxe Documental, no que competiron 90 cintas este ano. Ademais deles, a segunda tempada da serie Rapa (Portocabo e Movistar +), filmada en Galicia e con numeroso elenco galego, entrou tamén entre as producións finalistas do Premio a Mellor Serie. Os gañadores desta 29ª edición dos Premios Forqué daranse a coñecer o vindeiro 16 de decembro no Palacio Municipal Ifema Madrid.. Amplía a nova>>

07/11/2023
A RAG presenta unha serie sobre as mulleres das Irmandades da Fala

A Fundación Seoane, na Coruña, acollía este 7 de setembro a presentación de Irmás na Fala. Esta serie documental, que produciu a Real Academia Galega e foi realizada por Nós Televisión co apoio do concello herculino, retrata en catro episodios cinco figuras que participaron do movemento das Irmandades da Fala a comezos do século XX.. Amplía a nova>>

07/11/2023
O audiovisual aborda os desafíos da IA

A Academia Galega do Audiovisual xa ten todo preparado para estrear este xoves a primeira edición do Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), no que durante tres días xuntarase ao sector audiovisual, produtores, exhibidores, intérpretes, técnicos, guionistas, asociacións e unha longa lista arredor de mesas, encontros e ponencias. Neste caso a primeira edición céntrase en abordar "os desafíos e oportunidades que presenta a irrupción da Intelixencia Artificial no sector audiovisual". O tema será tratado contando coa participación de máis de 20 especialistas en IA e experimentados profesionais da industria audiovisual, facendo 12 conferencias e encontros sobre o impacto da IA no sector audiovisual: dende o guión á produción pasando pola interpretación, a composición de bandas sonoras ou as cuestións éticas e legais derivadas do emprego da IA. A cidade das TIC , na Coruña, acolle este foro entre os días 9 e 11 deste mes de novembro. O programa está dispoñible na web da Academia.. Amplía a nova>>

06/11/2023
Roberto Vilar fará unha xira en solitario por toda Galicia co espectáculo 'Clebreixon'

O popular humorista e presentador de televisión Roberto Vilar (Xove, 1971), conmemora e festexa os seus trinta anos de traxectoria en televisión con 'Celebreixon', un espectáculo co que percorrerá a xeografía galega. Esta supón a primeira xira de Roberto Vilar en solitario por teatros en toda a súa carreira tras das que fixera como parte do dúo cómico Os Tonechos. O 20 de xaneiro estrearase Lugo e unha semana despois, o día 27, está programada unha función en Ourense. O 3 de febreiro chegará a Santiago de Compostela, e despois estará en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, Cangas do Morrazo e Ferrol. Son os primeiros destinos dunha xira que prevé ampliarse. Actualmente Vilar produce, dirixe e presenta 'Land Rober Tunai Show', co que conseguiu os máis prestixiosos premios televisivos e presenta o magazine de tarde 'Quen anda aí', ambos para a TVG. Comezou a súa carreira televisiva fai xa trinta anos no programa 'Café Café' da Televisión de Galicia. Máis adiante chegaron 'Supermartes' e 'Con Perdón', no que coñece a Víctor Fábregas e crean o histórico dúo cómico Os Tonechos, que durante varias temporadas son fixos no Luar e que desembocou na creación dun formato propio: 'O show dos Tonechos'. Vilar gañou durante dous anos consecutivos o premio Mestre Mateo a Mellor Comunicador, outorgado pola Academia Galega do Audiovisual.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org