Josito dá o golpe. Emisión (23/2/09)
Trátase da primeira ficción gravada dentro do Parlamento de Galicia. Neste episodio titulado “A calor do diñeiro”, unha vaga de frío asola Santo Antón de Louredo, e unha delegación, co seu alcalde á cabeza, decide visitar o Parlamento de Galicia para coñecer a súa instalación ecolóxica de calor xeotérmico e poder emulala no municipio. Sen embargo, a visita coincide en 23 de febreiro e as cousas tórcense.