Efectos secundarios | Galeria

  1. efectossecundarios10.jpg
14/09/2007
Pilar Bárcena fai de Rosa, a filla da doutora Sampaio. Iolanda Muiños é Charo Sampaio, a tía da nena. Manuel Millán fai de Mario Méndez.

Charo é a irmá de Alicia. Ten unha droguería e non lle faltan admiradores entre os homes. Gústanlle as pequenas extravagancias. Entre as súas pequenas rarezas está a narcolepsia, unha enfermidade pouco frecuente, que lle provoca episodios de somnolencia súbitos. Mario é o ex marido de Alicia. É o pai da súa filla, Rosa. Vaílle ocasionar moitos problemas. Mario é un pequeno e persistente desastre. Pouco responsable e nada traballador, sabe enredar e mentir coma ninguén. Mario é fotógrafo de vodas e comuñóns, aínda que el non está disposto a traballar os domingos porque iso sería botar por terra as conquistas sociais dos traballadores.

Efectos secundarios

Error connecting to mysql