“Terra, fin de ciclo” baséase nunha idea de Marta de Sinllán.
Marta, filla, neta e bisneta de labregos, é consciente de que o mundo rural se vai e inicia unha viaxe polas aldeas abandonadas do seu contorno, debate e interroga compañeiros, amigos e historiadores na procura de respostas a este proceso de cambio.