Pablo (Manuel Cortés), o protagonista, dá un paseo coa súa secretaria, Matilde (Eva Fernández)
Pablo regresa a Celavella con vintecinco anos, despois de pasar oito estudando Dereito en Santiago... sen demasiada dedicación. Atractivo e con moita labia, tenta ser un home serio, como corresponde á súa condición, pero non pode ocultar o seu carácter alegre e inquieto. É fillo de Dona Elvira e irmán adoptivo de don Tomás.