Francesco Negroni irá ata Paderne de Allariz para traballar nunha granxa na que desenvolverá diferentes traballos. O choio de Francesco comezará pola mañá co coidado de coellos: limpeza das gaiolas, análise de excrementos e inseminación das femias. O duro traballo da xornada non fará que Francesco perda en ningún momento a súa elegancia. Incluso, cando ande a procura de miñocas en toneladas de esterco. Todo por gañar 3 euros por cada 40 miñocas apañadas.