No primeiro programa de MÚSICA AMBIENTE viaxamos á cidade de A Coruña da man dos mozos de Nouvelle Cuisine. Co seu estilo pop visitaremos a praia de Riazor e o MACUF na cidade que os veu nacer musicalmente no 2001. E dende A Coruña nos achegamos a Vigo donde o noso colaborador Xurxo Souto falará con Aid, unha xove pero sobradamente preparada rapeira que conseguiu co seu tema Boogie Vigo ser líder de descargas en Itunes e artista do mes no mesmo portal musical con tan só vinte anos.