Precisas o FlashPlayer para ver o video.
A Catedral de Santiago é un edificio milenario que, ao longo da súa historia, viviu numerosos cambios, transformacións e ampliacións. No ano 1999, o Videalab (o Grupo de Visualización Avanzada da Universidade da Coruña), realizou este complexo modelo tridimensional que permite desprazarse, en tempo real, sobre o monumento na época do seu esplendor románico, como o coñecería un pelegrín do século XIII. A Catedral realizouse tecnicamente a través dunha malla poligonal de máis de 750.000 elementos organizada en 270 bloques construtivos.