Obtén aquí o reprodutor Flash para ver este video.
Cando faltan menos de cinco días para que teña lugar a gran festa do audiovisual galego, a gala de entrega dos premios Mestre Mateo, achegámosche outra escolma de traballos candidatos. Hoxe as curtametraxes de animación e ficción, onde destacan dúas que tamén foron finalistas nos Goya: “O Bufón e a infanta” e “A flor máis grande do mundo”.