Obtén aquí o reprodutor Flash para ver este video.
¿Queres coñecer como vive Don Luis, o cura máis atípico de Galicia? ¿Ver como nos fascina a cultura xaponesa? ¿O que pensan cinco personaxes da “contracultura”, a cultura “á marxe das institucións”? ¿como se desenvolve a colectividade galega que reside en Newark (EEUU)? ¿Ou achegarte á Isaac Díaz Pardo, unha das personaxes máis fértiles da nosa cultura? As respostas a todas estas preguntas están en “Os 15.000 de Newark”, “Dando a nota”, “Historia dunha parroquia”, “Isaac” e “Tolos por Xapón”, os documentais finalistas nesta edición dos Premios Mestre Mateo 07 que se fallarán o vindeiro día 15 en Ferrol. Descúbreos!