Obtén aquí o reprodutor Flash para ver este video.
O vindeiro 15 de abril o teatro Jofre de Ferrol acollerá a entrega dos premios Mestre Mateo. Un evento que premiará as mellores producións do audiovisual feito no país no 2007. Culturagalega.Tv ábreche unha fiestra para que poidas coñecer os finalistas. Nesta primeira entrega, temos as candidatas a mellor película (Concursante, Tívoli, Unha muller invisible, Continental e O neno de barro) e mellor longametraxe de animación (Donkey Xote, Nocturna e Berros no Corredor).