Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Plop é un pequeno tapón que só coñece o mundo que xira ao redor da súa bañeira. Pero un día, axudado por un parruliño de goma e unha pastilla de xabón, inicia a súa viaxe cara o descoñecido. María Lorena Ares, unha das autoras deste traballo feito ao abeiro doi Mestrado de Creación e Comunicación Dixital da Universidade da Coruña, explica que “tiñamos que buscar algo que indicase a viaxe ao descoñecido, e pensamos nalgo que estivese preto de nos, algo o que todos nos asomemos acotío e nos produza curiosidade, e o momento no cal decidimos dar un pequeno paso para abandoar a rutina e encamiñarnos a esa zona descoñecida onde pode ocorrer calquera cousa. E iso traduciuse nun taponciño e unha cañería"