Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Unha curtametraxe achégase ao nacemento artístico de Andy Warhol
“Quixemos achegar a creatividade e a espontaneidade dun Andy Warhol moi novo e ver como é quen de converter en arte o que en principio non o é” explica Mayte Saa, unha das autoras de “Warhol (O regalo de Andy)”. O traballo, que forma parte do Mestrado de Creación e Comunicación Dixital da Universidade da Coruña, ficciona como xorde unha das obras máis recoñecidas do máximo expoñente do Pop Art.
Mira a ficha de Andy Warhol en AVG