Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Unha curtametraxe incide no descoñecemento da realidade que nos rodea
É o mundo tal e como o vemos? A nosa percepción é real ou existen outras realidades paralelas? Estes son algúns dos interrogantes que presenta “Encerrados”, un novo traballo creado dentro do Mestrado de Comunicación e Creación Dixital da Universidade da Coruña. Irene Formoso, unha das autoras da curtametraxe explica que “quixemos basearnos no mito da caverna de Platón, para reflexionar que non coñecemos a realidade, e afondar neses interrogantes desde outro punto de vista doutras producións que tratan sobre o tema como poden ser “O Show de Truman” ou “Matrix”.
Mira a ficha de Encerrados en AVG