Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Unha curta sobre o cambio climático inaugura unha nova serie de Culturagalega.Tv
Culturagalega.org estrea hoxe unha nova serie "Animación nas aulas", na que podemos ver os traballos realizados no Mestrado de Creación e Comunicación Dixital que desenvolve a Universidade da Coruña. O primeiro que achegamos hoxe é "Paso a paso". Unha curta que pretende afondar na conciencia da reponsabilidade compartida na loita contra o cambio climático. María Pérez, unha das autoras, explica que "pretendemos facer un traballo que lles explicara aos nenos, que as cousas pequenas, as de todos os días, son importantes e teñen repercusións no ambiente". Este proxecto conta tamén cun sitio web no que se ofrecen consellos domésticos para protexer o clima e deter o quentamento global.
Consulta a ficha de Paso a Paso en AVG