Precisas o FlashPlayer para ver o video.
“O ambiente que se respiraba nesta terra non era o máis axeitado”, explica Xoán Martínez Castro as causas que o levaron ao Uruguay onda o seu irmán. “Cheguei a Montevideo e de contado vencelleime ao Centro Galego. Despois tiven a satisfacción de ser o directivo máis novo que tivera aquela institución”, lembra. A súa viaxe non acabou alí, xa que, co apoio dunhas bolsas, foi estudar á Universidade en Estados Unidos. Neste país desenvolveu unha brillante carreira empresarial. “Na emigración éramos xente de traballo, había uns executivos exemplares, non eramos intelectuais”, explica. “Ao voltar decateime de que esa xente tamén tería feito falta aquí”, resume. A vida deste traballador emigrado pecha a segunda andaina da serie Historias de Vida que Xan Leira achegou ao noso portal.