Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Galego nacido en Arxentina, Xoán Manuel Pérez debe a súa condición á actividade do colectivo emigrante. “Os nenos dos anos 20 e 30 transformámonos un pouco na continuidade desa emigración”, lembra. A desenvolver o seu compromiso no Buenos Aires do exilio, testemuño da acción de Castelao, Pérez foi aos poucos integrándose nos colectivos daqueles galegos, e desenvolveu neles un intenso traballo. “Teño o privilexio de ter sido o primeiro galego non nativo que presidiu o Centro Galego” de Buenos Aires. Unha peripecia única que nos achega Xan Leira ás nosas Historias de Vida.