Precisas o FlashPlayer para ver o video.
“Tanto a miña infancia como a miña adolescencia transcorreron nunha casa que era coma unha segunda Galicia, porque todos os personaxes que me rodeaban eran emigrantes ou, sobre todo exiliados”, lembra Rosa Puente. “A través desa nenez e desa adolescencia coñecín a Castelao”, explica. “Para min Castelao era coma un pai, unha persoa tan achegada, esas charlas que facía déronme todo o amor por Galicia e pola súa persoa. Por el profesaba e sigo a profesar un amor sen límites”. Este legado deu nunha posterior dedicación á nosa lingua e á nosa cultura. “O meu desexo é deixarlle esta casa a Galicia para que sexa unha especie de museo do que foi (…) para que as novas xeracións saiban que nun lugar se xerou unha Galicia ideal”. Unha existencia realmente asombrosa a que nos achega Xan Leira á serie Historias de Vida.