Precisas o FlashPlayer para ver o video.
“O galeguismo que se foi metendo en min debeuse a que no meu barrio había un vello que lle chamaban o tío Meilán”, lembra Ricardo Flores da súa mocidade. “Como a el a vista non lle daba para debullar algunhas letras chamábame e púñame nas mans un libro que se chamaba `A virxe do Cristal´ de Curros Enríquez”. A partir daquela, Flores foi desenvolvendo o seu amor pola nosa cultura, o que o levou a facer diferentes representacións de teatro popular no noso país e a desenvolver a súa faceta de escritor. “En setembro do ano 1929 eu vin a Arxentina cumpríndolle unha palabra a unha noiva que tiña”, lembra o camiño que o levou a América. Unha existencia única que nos achega Xan Leira ás nosas Historias de Vida.