Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Fillo de labradores, a existencia de Ramón Esturao viuse marcada pola súa militancia en Izquierda Republicana nos tempos da Guerra. “Eu vin como se desenvolvían os acontecementos na nosa Galicia. Non compartía eu ese terror que se sementaba cos mortos no medio da estrada”, explica. Decidido a abandonar tan perigoso lugar, e logo dun longo peregrinar, chegou a México. Alí a súa vida desenvolveuse nos máis diversos labores, vencellados ao mundo industrial. Unha nova experiencia do exilio que nos chega da man de Xan Leira á serie Historias de Vida.