Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Coñecida coma Maruxa Seoane, a vida de María Elvira F. López quedou para sempre vencellada ao pintor do que tomou apelido. “Comezamos de mozos moi novos. Luís acabou a súa carreira e veuse para a Coruña para se instalar aquí de avogado e comezar a traballar”, explica. A historia da parella quedou definitivamente marcada pola guerra e o posterior exilio, primeiro de Luís, e logo dela, a Arxentina. “Eu marchei no 37, no mes de marzo. E ao chegar a Buenos Aires non me deixaban desembarcar”, lembra. Unha voda apresurada no mesmo peirao da cidade permitiu finalmente a reunificación da parella. Outra apaixonante aventura que nos achega Xan Leira ás nosas Historias de Vida.