Precisas o FlashPlayer para ver o video.
“A primeira vez que coñecín a Castelao foi na miña casa”, lembra Manuel Canabal. “Eu era secretario dunha sociedade agrícola na miña parroquia (…) A raíz disto, despois fun socio do Partido Galeguista e cada mitin que había por alí pasaban pola miña casa”. A Compostela de Ánxel Casal mestúrase na vida deste galeguista coa emigración en Uruguay. Dentro da biografía de Canabal está o feito de ser un dos acompañantes dos restos de Castelao cando se trouxeron de volta a Galicia. Memorias únicas que chegan da man de Xan Leira á nosa serie Historias de Vida.