Precisas o FlashPlayer para ver o video.
Emigrado xa de neno canda ao seu avó, Manuel Aris chegou moi novo a Montevideo. Do seu traballo manual, o compromiso por mellorar as condicións dos emigrantes meteuno no mundo do cine. “Sendo socio do Centro Galego de Montevideo, iniciei relacións cun director de cine, Daniel Expósito Pereira, co que corrín a primeira aventura do cine profesional”. Unha fecunda carreira guiada pola vontade de dignificar Galicia e os galegos. “Recorrín ao cine, á radio, á televisión, a todo o que tiven ao alcance para enaltecer as cousas da miña terra”. Unha asombrosa biografía que Xan Leira achega ás nosas Historias de Vida.