Precisas o Flash Player para ver o video.
“Eu non emigrei porque quixese”, explica Luís Pérez Dorado. Unha boa dose de azar levou a este galego a pasar a súa vida na Arxentina. “A vida dos galegos era moi diferente segundo o traballo que tiñan. A maioría era xente con negocios coma tendas, bares, pizzerías, hoteis. Entón a xente tiña moi reducida a forma de vida e as diversións”. O sacrificado traballo dos emigrantes, a abundancia da emigración en contraste coa situación da terra e as raíces que finalmente botou no país de acollida son algunhas cas cousas que Pérez Dorado lembra para Xan Leira e a nosa serie Historias de Vida.