Precisas o Flash Player para ver o video.
“Eu nacín no ano 27, do Alzamento de Franco só recordo os prantos de mamá”. A Guerra Civil, cos seus irmáns na fronte, marcou boa parte da biografía de Josefa Ageitos, que acabou emigrando a Arxentina, onde desenvolveu o seu compromiso político. “Debinme afiliar ao partido comunista no 72”, lembra, “como os chicos pertencían ao partido, dixen: Eu tamén quero ser. Se lles pasa algo a eles eu tamén quero estar. Á parte polos ideais”, explica. “O meu home e o meu cuñado non se afiliaron, dicían: `Nós quedamos acá por se vos temos que sacar da cadea´”. Unha biografía que Xan Leira suma ás nosas Historias de Vida.