Precisas o Flash Player para ver o video.
Firme nas súas conviccións comunistas, Francisco Comesaña fálanos da súa experiencia durante a Revolución de Asturias de 1934. "Cando tocaba a campá do reloxo grande da Catedral de Santiago os veciños de arredor da cadea estaban no balcón porque todas as noites, coa cabeza por fóra das reixas cantabamos a internacional e o himno galego". Logo de sobrevivir á represión franquista, retratada por Manolo Rivas na novela "O lapis do Carpinteiro", Comesaña coñeceu o exilio, onde desempeñou un activo papel no Congreso da Emigración Galega. Unha historia única que nos chega da man de Xan Leira ás nosas Historias de Vida.