Precisas o Flash Player para ver o video.
“Os que nos puidemos exiliar e o fixemos gañamos a nosa vida, que xa é moito gañar”. O pintor Euxenio Granell nárranos, de viva voz, a súa experiencia no exilio. Primeiro en Francia: “Estiven en cinco campos de concentración e de todos escapei”, explica. Máis tarde na República Dominicana: “Non tiñamos cartos nin roupa nin nada, e a pouca roupa que tiñamos e as xoias da miña muller fómolas vendendo para comer”. Unha intensa peripecia que nos chega da man de Xan Leira ás nosas Historias de Vida.