Precisas o Flash Player para ver o video.
“Quero dicir que en Venezuela nunca estivemos quedos”. Concepción Nogueira reivindica o traballo dos exiliados galegos neste país, onde, segundo di, se concentraba “toda a intelixencia e toda a cultura, os que non mataron e conseguiron escapar”. Filla de comunistas falecidos na represión do bou Eva, esta loitadora participou na creación da Irmandade Galega no país sudamericano e coñeceu nomes coma José Velo entre moitos outros. Unha biografía única que chega da man de Xan Leira ás nosas Historias de Vida.