Precisas o Flash Player para ver o video.
Filla do coñecido actor “Tacholas” e mais dunha italiana que acabou falando galego, Clotilde Iglesias criouse entre a colectividade da emigración. Nas súas memorias, están fitos da nosa historia exterior. “Viña con ideas moi galeguistas, comezou a xerar movemento e fundou con noutros compañeiros o coro Lembranzas de Ultreia”, lembra do seu pai. Seguindo a estirpe, Clotilde participou nas mocidades galeguistas da Arxentina e mesmo recibiu clases do propio Blanco Amor na Asociación de Fillos de Galegos. Memorias que son de todos, as que nos achega Xan Leira a Historias de Vida.