Precisas o Flash Player para ver o video.
Desde Tomiño a Buenos Aires, Álvaro Campos fálanos da súa peripecia canda aos grandes nomes do exilio da posguerra. “A figura de Castelao era un pouco un símbolo, a xente organizábase arredor del”. Entre outras anécdotas, dános conta do filme que se realizou sobre o líder galeguista. “Polo ano 73 ou 74 comezou o movemento para isto”, lembra. Promovido por Valentín Fernández, con guión de Pérez Prado, este proxecto involucrou boa parte da colectividade galega no exterior. Un novo anaco de memoria que Xan Leira achega á serie Historias de vida.