Galicia reborda ilusión polas catro esquinas. Os profesionais da maxia acaban de constituírse como profesión para impulsar unha morea de proxectos (festivais, circuítos, xornadas, escolas de formación, centros de interpretación...) que permitan que Galicia sexa máis máxica ca nunca. Canda a isto, elaboraron un documental a propósito do “I Circuíto Galego da Maxia”, que evidencia que a profesión se está a converter nunha referencia a nivel internacional.