Obtén aquí o reprodutor Flash para ver este video.
Luís Expósito enfróntase á entrevista para conseguir traballo na compañía eléctrica. Alí fano responsable de mercar as terras para desenvolver o novo proxecto eólico da empresa en Chantada. Alí comezan a sucederse estraños fenómenos. Así arrinca a acción de "Cabo do Mundo", a serie de televisión dirixida por Comba Campoy e que desenvolveron os propios veciños desta vila para a televisión local. Durante este verán, poderala ver en culturagalegaTV.