Arte de rúa. Espazo vivo. O colectivo "Pista Catro", un grupo autoxestionado de cirqueiros de Compostela, narran a súa actividade pola cidade e analizan a súa ás veces problemática relación con comerciantes e administracións. Algúns dos grandes mestres, como Leo Bassi, Carlo Colombaioni ou Jango Edwards, tamén dan a súa opinión sobre a situación actual do circo de rúa.