“Non hai paz sen educación para a paz”. Este é o slogan que promove o Seminario Galego de Educación para a paz, un foro permanente formado por profesionais do ensino coa idea de educar en valores cívicos e democráticos. Pero tamén unha das premisas do documental “En Son de Paz”, un traballo audiovisual promovido polo Seminario co que celebrou o vinte aniversario da súa creación.