De todos os ecosistemas que ocuparon a superficie de Galicia o bosque foi o máis abondoso, abarcando preto do 90% do territorio. “Isto non quere dicir que sexa máis importante que unha duna ou un contorno acuático pero reflexa que a chave da nosa biodiversidade radica no ecosistema do bosque” asegura o documental elaborado por Pablo García sobre a súa problemática. Malia ser feito no 2002 mantén toda a súa vixencia sobre as doenzas do bosque actual. Un traballo que se pode ver grazas a “Natureza dixital”, o xornal da natureza galega.