Galicia conta cunha dilatada historia mariñeira. Malia iso existe un gran descoñecemento do ecosistema que vive na costa. O documental “As cores do mar de Galicia” afirma que “para preservar o futuro da actividade pesqueira cómpre un profundo coñecemento do ecosistema mariño que sirve de soporte a un desenvolvemento racional”. Por iso, en 42 minutos fai un acercamento ás especies que viven nas profundidades das rías. O traballo chega da man de UvigoTV, o centro de recursos multimedia da Universidade de Vigo.