Ao pouco de saír do seminario e en plena efervescencia republicana "empecei a pórme en contacto coas Mocidades galeguistas, que daquela facíamos case de recadeiros ao servizo do Partido", rememora Avelino Pousa Antelo. Naqueles mesmos días participaba no faladoiro do café Derby canda aos grandes nomes da Xeración Nós. "Escoitábamos aqueles homes como se escoitáseme a alguén que fosen case seres sagrados, intuíamos que tíñamos diante a xeración máis importante que tivera Galicia ao longo da súa historia". Aquel mozo continuou despois cunha intensa actividade que mantén hoxe como presidente da Fundación Castelao e membro de diferentes entidades culturais do país. Outra das nosas "Historias de Vida" que chega da man de Xan Leira.