"Para o século XXI quixera sobre todas as cousas que o pobo galego tomase consciencia do que foi e do que pode ser como pobo diferente. Eu teño a esperanza de que co tempo poderemos chegar a esa Galicia ideal". Bernaldo Souto, nado en 1913, confésalle esta esperanza a Xan Leira neste novo capítulo das nosas "Historias de Vida". Detrás desas palabras, toda unha peripecia vital de compromiso e de inquedanzas intelectuais que o levaron a militar pola independencia do país na Sociedade Nazonalista Pondal e que o achegaron á literatura desde ópticas existencialistas.