"O meu pai, que era taberneiro pensou que as augas de Buenos Aires eran boas para o viño pero non para cristianar o seu primoxénito, e leváronme a Galicia". Nado en Arxentina, Antonio Pérez Prado foi médico, guionista e colaborou en medios de comunicación. Foi autor, ademais, de "Os galegos e Buenos Aires", unha obra pioneira á hora de analizar a colectividade galega en Arxentina. Un percorrido vital único que Xan Leira achega á nosa serie "Historias de vida".