"Batista tiña máis de oitenta mil efectivos. Di Fidel Castro que cando acabou a revolución o Exército Rebelde éramos seis mil. E derrotámolo". Cun delicioso acento cubano aplicado á nosa lingua, Manuel Díaz González explícanos as peripecias que o levaron, con dezasete anos, á emigración en Cuba e, tempo despois, a integrarse nas filas guerrilleiras que acabaron co réxime de Batista. Unha curiosa peripecia vital que Xan Leira achega á nosa serie "Historias de Vida"