"¿Ti sabes o golpe que foi a guerra de España?, aquilo foi horrible, horrible..." lembra Raimundo Cal. Os desaparecidos e a represión, marcaron, segundo el, toda a súa xeración. "Despois foi vexetar, vivir e tirar para adiante", recoñece. Testemuña da case totalidade do século XX, ("Nacín un mes e uns días despois de empezar a guerra europea"), este membro da Mocidades Galeguistas viu como o franquismo o afastaba da súa profesión de mestre. Unha nova Historia da Vida que Xan Leira achega á nosa serie.