"Éramos guerrilleiros. Éramos soldados da República, que loitabamos pola República. Daquela non podías dicir comunistas porque a xente asustábase", lembra Josefina Gallego. Non cabe dúbida de esta mugardesa tivo moi claro desde cedo o que era compromiso. O fusilamento do seu pai en 1936 e a represión subseguinte levárona a integrarse nas guerrillas galegas, coas que actuou desde as Fragas do Eume. Novas lembranzas a se debullar a nosa serie "Historias de Vida" da man de Xoán Leira.