Membro da primeira directiva do Centro Galicia de Buenos Aires e do Consello de Galicia, Manuel Martínez Lamela viviu activamente a actividade política do exilio galego durante o franquismo. Castelao, Suárez Picallo, Manuel Ponte, Seoane... Nomes decisivos da nosa cultura transcorren no debullar da súa memoria, que recolleu Xan Leira para a nosa serie "Historias de vida". Xa falecido, Martínez Lamela lembra con ledicia aqueles tempos durante os seus últimos días: "Síntome feliz de todas as oportunidades que tiven de gozar da amizade de moitísima xente que ten moito que ver co que está ocorrendo agora en Galicia".