"Eu cheguei a Buenos Aires uns meses antes da morte de Castelao". Testemuña e protagonista dunha época fundamental para a nosa cultura, Xosé Neira Vilas é memoria viva da actividade cultural do exilio durante o franquismo. O I Congreso da Emigración Galega, a primeira distribuidora de libro galego en Latinoamerica, as editoriais e publicacións do exilio, a sección galega no Instituto de Literatura e Lingüística de Cuba... Tres intensos minutos de lembranzas que nos chegan agora da man de Xan Leira na nosa serie "Historias de vida".