Notice: Undefined variable: totalRows_rs_galeriaImaxes in /var/www/html/cultura/html/avg/extra_audiovisual_estreas.php on line 102 Video íntegro | Mariví Villaverde ||| AVG ||| AudioVisual Galego

Mariví Villaverde | Video íntegro

01-01-2006
O intenso traballo que desenvolveu no exilio galego da posguerra en Arxentina fixo de Mariví Villaverde unha icona da nosa historia.

"Eu vivín toda a problemática da república, e lémbroa como se a estivese vivindo hoxe". Filla do alcalde republicano de Vilagarcía, Mariví Villaverde sufriu a represión franquista xa de nova, e desenvolveu boa parte da súa vida no exilio en Arxentina. Neste país dirixiu, con Xesús Cuadrado o xornal "Galicia" e desenvolveu diversas actividades na colectividade galega exiliada. Villaverde traballou especialmente por defender o papel da muller dentro da colectividade emigrante e voltou ao noso país en 1966. Aínda neste2006 puidemos vela en diferentes actos en lembranza polas vítimas da represión franquista. Unha vida de película que agora nos achega en tres minutos Xan Leira dentro da nosa serie "Historias de Vida".

Mariví Villaverde

Ver ficha Historias de vida


 

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org