Comezamos CulturagalegaTV dándoche ideas para este verán. Coa serie Xeografía Galega, iniciamos un percorrido polo país que nos levará, ao longo de 9 episodios, por boa parte do territorio. A serie, dirixida polo catedrático Francisco Río Barja, explica as características e as orixes da nosa orografía.
Desta volta comezamos co Arco Ártabro. Foz. Burela. Rinlo. Praia das Catedrais. Estaca de Bares. Mondoñedo. Lourenzá. A Capelada. San Andrés de Teixido. Cedeira. Lagoas da Frouxeira e Doniños. Ferros. Moeche. Río Belelle. As Pontes. As Fragas do Eume. Caaveiro. Betanzos. Sada. A Coruña...