Inicio / Documentos / Dossier / Axudas do Consorcio a estreas de longametraxes

Axudas do Consorcio a estreas de longametraxes | Dossier



Axudas do Consorcio a estreas de longametraxes

O Consorcio Audiovisual de Galicia convoca axudas para a estreas de longametraxes cinematográficas fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
Fonte: Consorcio Audiovisual de Galicia
Autor: Consorcio Audiovisual de Galicia
Publicación: DOG 14-03-2005

Por terceiro ano consecutivo, e en cumprimento do establecido no Plan de Actividades 2005 do Consorcio Audiovisual de Galicia, convócanse axudas para o apoio a estreas de longametraxes cinematográficas fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. A finalidade é apoiar ás produtoras galegas nas accións de promoción dos seus produtos audiovisuais, favorecendo as estreas das producións e coproducións galegas en salas comerciais fóra de Galicia. Apoiaranse as estreas realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2005. No día de hoxe, 14 de marzo, publícase no Diario Oficial de Galicia o anuncio desta resolución, e as solicitudes poderán presentarse ata o 1 de decembro de 2005. Aquí podes descargar as bases da convocatoria.
Descarga aquí Dossier de Axudas do Consorcio a estreas de longametraxes

relacionados

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org