A Comunicación en Galicia 2004
A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega presenta o seu Informe bianual sobre a comunicación en Galicia, coordinado por Xosé López, como unha ferramenta para a comprensión das transformacións que se producen no hipersector da comunicación en Galicia. A análise da situación actual dos medios e das tendencias que se están perfilando no hipersector son os dous eixes centrais desta publicación, na que participan destacados investigadores e profesionais. A edición deste Informe pretende ademais fomentar o debate sobre comunicación, de xeito que se senten as bases dun diálogo continuo e enriquecedor entre os membros do sector.
Descarga aquí Informe de A Comunicación en Galicia 2004
relacionados