Mentres hai sedes nas que aínda programan pases do ciclo de proxeccións Entre cine e literatura, a Fundación Caixa Galicia acaba de estrear outro. Baixo o titulo Xogando co tempo a entidade financeira reúne once títulos que reflicten tanto na temática, como na súa forma unha relación espazo-temporal propia. Blade Runner, Ao final da escapada, Magnolia, O padriño ou Rebeca son algúns dos títulos que se poderán ver en versión orixinal subtitulada nas sedes que a entidade ten espalladas por Galicia.
Consulta os horarios e as localidades no web da Fundación Caixa Galicia








